miércoles, 5 de junio de 2013

CUMPLE DE ISAAC

Isaac está de cumple!!
É o primeiro cumple que celebra con nos!! Xa ten 4 aniños, como medrámos!! Aquí vos deixamos unha mostra da festa que celebramos!! Felicidades Isaac!!


AS NOSAS MARGARIDAS

Empregando distintas técnicas para pintar, unha delas o puntillismo que fai pouco que o descubrimos, e que nos encantou, realizamos estas bonitas margaridas que pronto poderemos levar para as nosas casas xa que cada vez queda menos para rematar o curso!!
E velaquí vos mostramos outras máis que fixemos para decorar as ventás do noso cole!! Non podemos parar de miralas cando estamos no patio!!
 

SAÍDA Ó PANTALÁN

Aproveitando o bo tempo, xa que esta primavera está un pouco chuviosa, saímos de paseo ao Pantalán para plantar unhas árbores que nos chegaron dende o Proxecto Voz Natura. De regreso ao cole non nos puidemos resistir a recoller algunha que outra flor!! Cada un fixo o seu ramo particular aquí están!!

CUMPLE DE NEREA

Nerea está de cumple!!!
É a maior do cole e xa ten 8 anos!! Este xa é o ultimo curso que pasará con nos, o próximo reencontrarase cos seus antigos compañeiros no cole de Valdoviño. Aínda que nos esqueceu poñer a coroa para a foto, si a levou para a casa para ter de recordo!! Encántannos os cumples!!! Felicidades Nerea!!!!!
 
 
 
 

DÍA DA NAI

Para agasallar ás nosas nais o primeiro domingo de maio, coma todos os anos, este curso realizamos unhas tarxetas onde expresamos con mensaxes e debuxos todo o que as queremos!! Quedaron así de bonitas!!
 
 

DÍA DA TERRA

Para celebrar o día da Terra fixemos un collage do noso planeta, diferenciando a auga da terra e de paso recordamos os continentes que o forman. Estes son os traballos do alumnado de primaria.
 

UN LIBRO E UNHA ROSA

Co gallo do día do libro este curso fixemos tamén unha rosa coñecendo así a tradición catalana de agasallar un libro e unha rosa. Estas son as nosas rosas especiales!!!